VAIO lanzará un teléfono durante o mes de febreiro

vaio caixa

Logo de que Sony vendese a marca VAIO, moi coñecida pola súa liña de portátiles, poucas agardabamos que fose ser empregada para lanzar un teléfono móbil.

Nunca conferencia organizada por J. Communications Inc- que tivo lugar hai uns días en Xapón, directivos da compañía amosaron a caixa do que será o primeiro smartphone da marca, que se dará a coñecer mundialmente durante o MWC e terá o nome comercial VAIO VA-10J.

vaio caixa 2

O que non trascendeu foron as súas posíbeis especificacións, aínda que polo tamaño da caixa todo apunta a unha pantalla de entre 4,5 e 5 polgadas; teremos que agardar á feira de Barcelona para sabermos todo sobre un dispositivo que abre unha nova época para esta marca comerical outrora referencial na electrónica de consumo.

Sobre o autor

No Responses

Reply