Sorteamos un pack de accesorios!

sorteo pack

O último sorteo que fixemos foi en xullo do ano pasado… MAAAAAL! Por iso levabamos tempo con moitas ganas de organizar algo, regalar algo… ter un xesto con todas vós, que nos ledes, apoiades e mesmo (se queredes colaborar) financiades.

Desta vez non sorteamos unha cousa, senón dúas. Iso si, van en pack para facer que sexa un mellor premio para unha única gañadora. Este pack componse do seguinte:

  • Un pau de selfie: yeahhhh! Non nos enganades, sabemos que sodes fans das selfies e que debecedes por este accesorio de moda. Trátase dun modelo con Bluetooth e unha extensión dun metro.
  • Un power bank: a quen non lle amola quedar sen batería? Non será problema para as lectoras de Mallando no Android, pois o cargador extra que vos regalamos ten unha capacidade de 7400 mAh, isto é, máis do dobre do habitual nun smartphone. Ademais ten dúas saídas para que poidades cargar dous trebellos a un mesmo tempo. Simplemente xenial.
Rex só puido facerse selfies grazas a un pau de selfies como o que sorteamos

Rex só puido facerse selfies grazas a un pau de selfies como o que sorteamos

Chegados a este punto estarédesvos preguntando que tedes que facer? Como sempre, ler todo con atención e seguir todos e cada un dos pasos que indicamos a continuación, sabedores que podedes participar en Twitter e / ou Facebook, gañando unha participación por cada unha delas, até un máximo de dúas. A continuación indicamos que tedes que facer en cada unha destas redes, aínda que tamén deberedes cubrir o formulario que ligamos máis adiante.

Para participar en Twitter

  1. Seguir a conta do blog: @mallandroid.
  2. Seguir a conta de MobileFun: @mobilefunspain
  3. Poñer o seguinte tweet: Quero o pack de accesorios que sortean @mallandroid e @mobilefunspain! Descubre como conseguilo en http://ir.gl/sorteopack

Para participar no Facebook:

  1. Dárlle a ‘Gústame’ na páxina do blog: Mallando no Android.
  2. Dárlle a ‘Gústame’ na páxina de MobileFun: MobileFun España.
  3. Compartir no voso Facebook este artigo (directamente co botón que tedes á dereita destas liñas).

[REMATADO]: Cubrir os vosos datos neste formulario.

Regras e condicións.

  1. O concurso limítase xeograficamente a todo o territorio do Estado español.
  2. O concurso remata o mércores 11 de febreiro ás 23.59h.
  3. O xoves 12 de febreiro á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa(s) participación(s) asociadas a cada un. Haberá de prazo até as 17h dese mesmo xoves para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  4. A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do xoves 12 de febreiro” MOD “número de participacións”.
  5. Os gastos de envío corren a cargo dos organizadores.
  6. Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non ter resposta nos 3 días posteriores á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  7. Calquera circunstancia que puidera xurdir e non estar considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
  8. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.

One Response

  1. Patricia Conde Vega 7 Febreiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario