Fairphone pecha o seu ciclo de vida, enviando as últimas unidades ás compradoras

fairphone

Tempo atrás publicamos no Sermos Galiza un artigo sobre o Fairphone. Trátase dun dispositivo diferente, non tanto pola súa forma ou polas súas especificacións (moi xustas para os estándares actuais), senón por estar fabricado aplicando as normas de comercio xusto até o último material ou compoñente.

Esta semana péchase un ciclo co envío das últimas unidades ás compradoras que faltaban; en total venderon 33.595, unha cifra que demostra que proxectos coma este son posíbeis e viábeis. Queda pois agardar que proximamente volvamos oír falar dun novo proxecto de Fairphone, adaptado ás necesidades actuais e cuns tempos de espera inferiores.

Que vos parecen este tipo de iniciativas?

Sobre o autor

Reply