bq anuncia o Aquaris E4.5 Ubuntu Edition

bq-aquaris-ubuntu-2

No MWC de 2012 puidemos probar Ubuntu Phone. É certo que por aquel entón ficaba moi verde, mais certamente tívonos moi boa pinta. Anos despois, por fin vemos o primeiro smartphone que sae con Ubuntu de fábrica, que ademais está fabricado por unha empresa española, bq, moi coñecida pola súa exitosa gama Aquaris.

bq-aquaris-ubuntu-1

O novo Aquaris E4.5 Ubuntu Edition está baseado no equivalente en Android, integrando unha pantalla de 4.5 polgadas con resolución 540 x 960, procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, cámaras de 8 e 5 megapíxeles e dual SIM.

As prestacións semellan bastante xustas a priori para os estándares actuais, polo que cómpre agardarmos a ver como é o rendemento do terminal con este novo sistema operativo, pois igual levamos unha boa sorpresa.

bq-aquaris-ubuntu-4

Poderase mercar libre por 169,90 €, opcionalmente coa posibilidade de contratar unha liña con Amena, o operador low cost de Orange. Con todo, poranse unidades limitadas en momentos específicos, e non todos dispoñíbeis de vez, polo que de estar interesadas en adquirir un deberíades estar pendentes da web da compañía.

Sobre o autor

No Responses

Reply