OneBoard PRO+, un teclado que transforma unha pantalla nun ordenador Android

oneboard teclado 2

Estamos acostumadas a ver Android funcionando en todo tipo de trebellos, algúns que nos sorprenden pola súa orixinalidade. É o caso do teclado OneBoard PRO+, un dispositivo que aproveita a inclinación do mesmo para agochar no seu interior un pequeno ordenador baseado en Android que só precisa ser conectado a unha pantalla externa para funcionar en todo o seu explendor.

oneboard teclado 3

No seu interior atopamos un procesador Rockchip RK3288 de catro núcleos a 1,8 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 32 GB) e saídas HDMI, WiFi, Bluetooth 4.0 e USB 2.0 (x 2). Funciona con Android 4.4 KitKat.

oneboard teclado

O OneBoard PRO+ pódese mercar por uns 260 euros, un prezo que pode ser algo excesivo para o seu hardware, aíndad que sen dúbida é unah solución acaída para moitas usuarias.

Sobre o autor

Reply