Mininovas Android: a malla da semana

Google Talk despídese para sempre

google talk

Tras un tempo prudencial de convivencia, Google Talk para Windows deixará de funcionar o 16 de febreiro, sustituída por Hangouts de Chrome. O histórico servizo de chat habilitado por Google en 2005 pasou a formar parte de Hangouts, unha nova aplicación que serviu para vitaminar o chat con imaxes, videochamadas e outras pequenas cousas.

Fíltrase o que sería o panel frontal do Xperia Z4

<ironic> Xa hai moito tempo que Sony non presenta un novo gama alta </ironic>, polo que a idea de que fose no MWC onde presentasen o Xperia Z4 non era de todo descabelada. Con todo, as cousas parecen indicar que aínda teremos que agardar un pouco por el.

panel sony xperia z4

Esta semana filtrouse o que viría a ser o panel frontal, que a verdade poucos cambios ten sobre o que xa coñecemos.

Aparecen os primeiros rumores sobre o novo Nexus

É cedo para falar do novo Nexus? Si, moito. E se aínda por riba falamos dunhas fotos a unha carta co logotipo de Google (que calquera pode faacer na súa casa) como fonte medianamente fiábel aínda máis.

nexus sony

En calquera caso, este rumor apunta a Sony como fabricante do novo Nexus, o cal non sería moita sorpresa se temos en conta que é unha das grandes marcas que faltan por ter o seu Nexus.

nexus sony 2

As características das que se falan apuntan a un dispositivo con pantalla de 4,3 polgadas e resolución 1200p, Snapdragon 805 ou 810, 3 GB de RAM, 32 ou 64 GB de memoria interna e batería de 3780 mAh, ademais de cámaras de 13 e 5 megapíxeles.

Na nosa opinión, isto dista moito de ser medianamente críbel.

Sobre o autor

Reply