Olympus quere que saquemos mellores fotos con Air

Tras os diferentes lentes  de Sony QX, Olympus súmase agora á moda dos accesorios fotográficos para os nosos móbiles coa Olympys Air, que prentende multiplicar as opcións de fotografía que permiten hoxe en día os teléfonos.

olympus air

A Olympus Air ten un sensor de 16 megapíxeles, sistema de enfoque de 81 puntos e é capaz de sacar ráfagas de 10 imaxes por segundo. Pode conectarse a un trípode e ten ranura para tarxetas microSD, ademais dun disparador físico no corpo. Conéctase co móbil a través de WiFi.

olypus air 2

Púxose esta semana á venda por uns 250 euros ao cambio no Xapón, aínda que hai unha versión cun obxectivo 14-42 mm que custará uns 370 euros.

Deixa un Comentario