Skyward, outro grande vicio nos xogos arcade

Das creadoras de Stick Hero chega os nosos dispositivos un novo xogo arcade, no cal poñeremos a proba os nosos reflexos e sobre todo a nosa paciencia. Estamos a falar de Skyward que está destacando pola súa xogabilidade polo que o podemos atopar como un dos máis demandados na súa modalidade de xogos de arcade. Se nos fixamos nos seus gráficos pode vir a nosa mente Monument Valley xa que se poden semellar un chisco.

skyward

En Skyward teremos que tocar a pantalla para que as súas dúas fichas vaian paso a paso avanzando na súa viaxe sen fin o longo dos seus laberintos que se van construíndo en función que avanzamos. O obxectivo é recorrer a maior distancia para desbloquear novos patrónes ou habilidades e retar as nosas amizades. O xogo é totalmente gratuito.

Skyward2

Google Play | Skyward

Deixa un Comentario