Vodafone empezará a cobrar por defecto os excesos de datos o 16 de febreiro

vodafone 4g

Ao contrario ca noutros países da contorna, no estado español as operadoras teñen a guerra declarada ás tarifas de datos, que lonxe de mellorar cara termos plans ilimitados ou cando menos con cantidades maiores de GB incluídos, penan o seu uso reducindo a velocidade ou gravando os excesos.

Vodafone mudará o 16 de febreiro a estratexia que leva anos aplicando de reducción da velocidade unha vez superado o límite de datos contratados. Dese xeito, as tarifas Mini S, Smart, Red e Yu terán activado por defecto o servizo Máxima Velocidad, polo que irán activando bloques de 200 MB adicionais a máxima velocidade até un máximo de 2 GB – 20 €. Con todo, é posíbel desactivar este servizo adicional e navegar a 32 kbps consumidos os datos.

O servizo Máxima Velocidad virá activado por defecto nas novas altas e se aplicará tamén aos cambios de tarifa; as clientas actuais que non fagan cambios poderán activalo manualmente.

Deixa un Comentario