Fíltranse as especificacións do Galaxy S6 Edge

Levamos días falando dos novos Galaxy S6 e a versión con pantalla curvada deste, Galaxy S6 Edge, que Samsung presentará no Unpacked do primeiro de marzo en Barcelona.

antutu s6 edge 2

As especificacións deste último, o Galaxy S6 Edge, veñen de ser descubertas tras filtrarse un test de rendemento de AnTuTu; trátase do modelo SM-G925W8, que terá estas características:

  • Pantalla de 5,1 polgada, resolución QuadHD
  • Procesador Exynos 7420 a 2,1 GHz
  • 3 GB de RAM
  • 32 GB de memoria interna (haberá versións)
  • Cámaras de 20,7 e 5 megapíxeles
  • Android 5.0.2 Lollipop

Con estas prestacións o novo terminal consigue un resultado de 60.978 puntos, o máis alto conseguido até o de agora por un terminal, polo que estaríamos ante un dispositivo moi potente e que saca xugo do procesador que integra.

antutu s6 edge

Queda menos dun mes para sabérmolo todo sobre o novo trebello de Samsung e termos as primeiras impresións. Ganas non faltan 🙂

Vía

Sobre o autor

Reply