Jiayu F2: pantalla de 5 polgadas, 2 GB de RAM e 4G por menos de 100 euros

jiayu f2

Ao Xiomi Redmi 2 sáelle un competidor, tamén desde a China: o Jiayu F2. Trátase dun dispositivo con prezo de gama de entrada (menos de 100 euros) que incorpora unhas especificacións que o fan moi interesante.

A súa pantalla é un panel de 5 polgadas, cunha resolución de 1280 x 720 píxeles e protección Corning Gorillas Glass. No seu interior, un procesador MediaTek de catro núcleos (MT6582) con frecuencia de 1,3 GHz, ademais de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de interna, ampliábeis con microSD. As súas cámaras son de 8 e 5 megapíxeles, ten 3000 mAh de batería e é compatíbel coas redes 4G – LTE.

Todo isto por un prezo inferior aos 100 euros, sendo doado ademais facerse con el desde aquí. Poderase mercar no mes de marzo, e estamos seguras que terá boa acollida entre o público.

Deixa un Comentario