O Google I/O será o 28 e 29 de maio

google io 2005

O Google I/O, o evento de desenvolvedores de Google xa ten datas: será os días 28 e 29 de maio, aínda que o rexistro non se abrirá até o 17 de marzo.

Polo de agora aínda é cedo para aventurarnos que novidades traerá este ano o Google I/O, aínda que estamos seguras de que haberá novos dispositivos e novidades en Android Auto, Wear e TV, tres liñas de traballo moi importantes para Google este ano.

Xunto ao anuncio tamén se lanzou a web, completamente realizada atendendo as liñas do Material Design. Podedes botarlle un ollo nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply