Mallando no Android, agora tamén en Instagram

Mallando no Android facédelo vós. Por iso hai unhas semanas consultámosvos sobre a ideoneidade de abrirmos ou non unha conta en Instagram. A idea levaba tempo mallándonos na cabeza, e os resultados foron pouco concluíntes, xa que as usuarias de dita rede social dixeron que si e as menos activas na mesma (ou persoas que non usades) que pra qué.

instagram mallandroid

Así que decidimos darlle para adiante, xa que pensamos que pode aportar unha perspectiva diferente, amosando imaxes exclusivas de trebellos e xoguetes que probamos, frikadas que vemos, curiosidades do día a día e mesmo cousas do backstage do blog.

Esperamos que vos guste a idea e que desde xa premades no botón de seguir. Por certo, somos mallandonoandroid. Agardámosvos! 🙂

Sobre o autor

Reply