Meizu presentará o seu teléfono con Ubuntu no MWC

Logo de que bq dese o pistoletazo de saída a unha nova xeración de smartphones con Ubuntu, Canonical amosará outra alternativa no MWC da man de Meizu, un dos fabricantes chineses máis relevantes dos últimos meses.

Os ruxe – ruxe tecnolóxicos apuntan a que para o evento de presentación de Ubuntu for Phones na feira empregaranse estes novos trebellos de Meizu, que poderían ser unha revisión do MX3, con mellores especificacións técnicas ca a opción de bq. Estes rumores son fundados, pois xa vimos en funcionamento o sistema operativo impulsado por Canonical nese dispositivo, como se pode ver no vídeo.

Coméntase ademais que o trebello de Meizu podería dispór de dual boot Android – Ubuntu, de tal xeito que as usuarias poderían elixir que sistema operativo empregar.

Sobre o autor

Reply