Os lentes Samsung Gear VR chegan ao noso país: dispoñíbeis o 20 de febreiro

Samsung Gear VR

Samsung vén de lanzar no noso país os lentes de realidade aumentada Samsung Gear VR, especialmente pensados para disfrutar como complemento do Galaxy Note 4. Están baseados na tecnoloxía Oculus e especialmente optimizados para a pantalla Quad HD Super AMOLED de 5,7 polgadas que integra o citado smartphone.

Con elas as usuarias son quen de trasladarse a unha realidade paralela, cunha sensación envolvente en tres dimensións que serve tanto para consumir cinema e audiovisual en xeral como para os videoxogos, un eido no que este tipo de dispositivos son máis habituais.

samsung gear vr 2

Todo está pensado para que sexa doado de empregar e intuitivo, polo que a primeira vez que se sincronizan os lentes co Note 4 xa se descarga o software necesario e a tenda de contidos, dividida en tres seccións: aplicacións, entretemento e xogos.

O Samsung Gear VR estará dispoñíbel a partir do 20 de febreiro por 249 €, un prezo no que se inclúe un Game Pad.

Bonus: Reaccións a porno coas Gear VR.

Deixa un Comentario