Mininovas Android: a malla da semana

Motorola España confirmou a actualización dos Moto G (2013)

motorola

Non foi sen tempo, e por fin confirmouse a actualización a Lolipop do Moto G orixinal a vindeira semana no noso país. Ademáis tamén se anunción ou co comezo das actualizacións á última versión dos Moto E, o modelo máis básico da compañía chinesa. Agardamos que as actualización das unidades do noso país non se retrasen tanto coma no caso dos Moto G

Amazon agasállanos con apps valoradas en 140$

amazon

Amazon ven de lanzar unha nova listaxe de apps, que por tempo limitado, pasan a ser gratis. Este tipo de campañas, por moito que xa sexan habituais, non as deixamos de agradacer. A listaxe completa, nesta ligazón.

Qualcomm multada por monopolio na China

qualcomm logo

Había meses que se estaban facendo investigacións para aclarar se Qualcomm cumpría ou non coa lei de competecia chinesa. Pois ben, esta semana coñecimos que Qualcomm comprometeuse a pagar ao redor de 975millóns de dólares, recoñecendo así, que non estaba facendo as cousas como di a lei.

Coma sempre dicimos, canta máis competencia mellor. Ao final, sempre saímos beneficiados os consumidores.

Deixa un Comentario