Huawei e Orange presentan unha solución para dotar de WiFi aos nosos vehículos

car wifi

Cada vez temos máis dispositivos que se conectan á rede, polo que a nosa dependencia das WiFis é absoluta, non só nas nosas ou no noso traballo, senón tamén cando viaxamos ou nos desprazamos. Por iso Huawei e Orange veñen de se aliar para ofrecer unha solución sinxela para os nosos vehículos: Car Wi-Fi 4G.

Trátase dun dispositivo que se conecta ao chisqueiro do automóbil e integra unha tarxeta SIM, imprescindíbel para conectarse á rede. Unha vez conectado, o aperello crea unha rede WiFi dentro do vehículo á que se poden conectar un máximo de 10 dispositivos a un tempo. Ademais, o propio trebello ten unha saída USB 2.0 coa que poderemos cargar un trebello, o que soluciona o inconvinte de ter collida a toma eléctrica do coche para poder funcionar.

huawei car wifi

O aparello compleméntase coa aplicación HiLink, deseñada por Huawei para podermos controlar o consumo de datos que facemos nel.

En canto a prezos, pódese mercar libre por 99 € e empregármolo con calquera operadora, aínda que Orange ofrece diferentes opcións:

  • Xunto unha multisim: 4 €/mes x 24 meses (96 €) + 1 €/mes da multisim, compartindo o volume de datos que teñamos contratado na liña principal.
  • Con Internet Móbil 1 GB: 49 € (+ compromiso 18 meses en tarifa 10,89 €/mes).
  • Con Internet Móbil 3 GB: 0 € (+ compromiso 18 meses en tarifa 22,95 €/mes).
  • Pago único: 89 € (sen permanencia).

Car WiFi é un sistema necesario cara a sociedade conectada que estamos a crear, moi interesante para poder empregarmos ssolucións de ocio ou navegación a bordo. A única pega é que as tarifas tan limitadas en datos supoñen un freo para as (cada vez maiores) demandas de conexión.

Máis info.

Deixa un Comentario