Huawei amosa unha imaxe a modo de teaser do que veremos no MWC

huawei teaser mwc15

As grandes citas deste MWC serán o primeiro de marzo, día no que Samsung e Huawei presentarán as súas novidades. Non está claro se HTC dará a coñecer o seu buque insignia durante os días da feira, mais todas as fontes dan por feito que LG gardará o segredo unhas semanas máis.

Tras os teaser de Samsung chegan os de Huawei, cunha imaxe compartida a través da redes sociais nas que nos empraza a descubrir o que está por vir. Ademais, na esquina superior esquerda vemos unha alusión á conectividade 4G, algo no que Huawei son especialistas.

Dáse por feito que os chineses amosarán un reloxo, que podería prescindir de Android Wear, apostando por un sistema propietario con maior autonomía e capacidades, como cámara ou a posibilidade de xestionar chamadas.

Que agardades vós?

Sobre o autor

Reply