Little Dictator, un novo xogo ao estilo Flappy Birds con Kim Jong-un de protagonista

Xa pasaron moitos meses dende que se lanzara o Flappy Birds, aquel xogo no que un paxaro tiña que pasar entre as míticas tuberías dos Super Mario Bros. Dende entón, outros xogos apareceron baseados no Flappy Birds.

little dictator 02

Desta volta queremos compartir con vós, un xogo do mesmo estilo chamado Little Dictator, no que o protagonista é Kim Jong-un, o famoso lider norcoreano. Nesta ocasión atopámolo subido nun dos seus mísiles e ten que pasar entre outros dous de maior tamaño sen bater con eles.

little dictator 03

Sen ánimo de profundizar, que non é o noso, a figura de Kim Jong-un da para moito: unha conta fake en Twitter, unha película, programas de televisión e agora un xogo que podedes descargar de balde na Play Store.

Sobre o autor

Reply