Toshiba amosa os módulos de cámara para o móbil modular do project Ara

Screenshot_2014-06-26-18-35-15

Meses atrás Google anunciou o Project Ara, que pretende realizar un teléfono modular que podemos ir actualizando e adaptando ás nosas necesidades. O funcionamento é moi sinxelo, e comeza por elixir as compoñentes que precisamos para facer o smartphone que realmente queremos. Se chegado omomento algún se estropea ou nos queda curto (por exemplo, se queremos unha cámara mellor), podemos mudar de módulo sen ter que cambiar de móbil.

toshiba camara ara

Toshiba vén de anunciar dous módulos de cámara para este proxecto, facilmente instalábeis e con diferentes prestacións para dotar ás usuarias dun maior número de opcións. Concretamente son dúas cámaras, de 5 e 13 megapíxeles pensadas para ser empregadas como cámaras princiais.

toshiba camara ara 2

O fabricante tamén está a traballar en cámaras frontais, concretamente nun modelo de 2 Mpx, do cal seguramente saibamos máis nas próximas semanas.

Credes que este pode ser o futuro dos smartphones ou simplemente unha moda pasaxeira?

Deixa un Comentario