Asus descubre a nova versión do Fonepad 7 a pouco de que comece o MWC

asus fonepad 7

A escasos días de que comece o MWC, Asus vén de presentar o Fonepad 7, un trebello que polo seu tamaño tería consideración de tablet pero que a empresa aspira a que sexa un sustituto do móbil.

Incorpora unha pantalla de 7 polgadas con resolución algo pobre para o seu tamaño, 1280 x 800 píxeles. No interior atopámonos cun procesador Intel Atom Z3530, de catro núcleos a 1,3 GHz. Acompáñano 2 GB de RAM e opcións de 8 ou 16 GB, que poden ser ampliados por microSD; ademais Asus ofrece 5 GB para toda a vida na súa nube

As cámaras son de 5 e 2 megapíxeles, para principal e frontal respectivamente. Vén con Android 5.0 desde o momento do seu lanzamento, versión sobre a cal ten unha capa de personalización.

asus fonepad 7 2

Aínda que a compañía non se pronunciou sobre o seu prezo, barállase que andará arredor dos 250 euros. Chegará primeiro a Taiwán para logo irse pondo á venda en diferentes mercados.

Sobre o autor

Reply