Samsung Galaxy Tab Active, para as usuarias máis exixentes

Tab Active

Samsung vén de dar a coñecer unha nova tablet pensada para ser empregada en entornos profesionais, grazas a ter un deseño máis seguro, ser máis resistente ás incidencias habituais (caídas, molladuras…), e dispór de tecnoloxías como NFC ou lector de código de barras.

Indo máis polo miúdo, a Galaxy Tab Active dispón dunha cuberta anti-golpes capaz de resistir caídas desde 120 cm e somerximentos en auga segundo o estándar IP67; a cámara de 3,1 Mpx está pensada para escanear códigos de barras, facilitando o traballo en empresas de loxística e o C-Pen permite usar o trebello mesmo con luvas.

A batería é e longa duración (até 10 horas en uso continuo). Ten ademais un sistema de aforro enerxético que multiplica a duración e é extraíbel para poder ser mudada por outra.

Tab Active 2

En canto ao resto de especificacións, ten unha pantalla de 8 polgadas, cunha resolución 1280 x 800 píxeles (189 ppi), procesador SnapDragon 400, de catro núcleos a 1,2 GHz e 1,5 GB de RAM. Vén con Android 4.4 KitKat e diferentes solucións elaboradas por Samsung, como KNOX, que incrementa o nível de seguridade blindando os contidos da tablet.

Está dispoñíbel en diferentes opcións de conectividade (WiFi ou WiFi + 4G), con 16 GB ampliábeis mediante microSD de até 64 GB.

Deixa un Comentario