Geeksphone anuncia un wearable que medirá a nosa actividade sexual

geeksme

Geeksphone vén de anunciar que proximamente veremos o seu primeiro wearable, o Geeksme, un reloxo con pantalla circular OLED e acabados en aluminio que contará con numerosas opcións de cuantificación do noso día a día.

Como é habitual neste tipo de trebellos, o Geeksme contará pasos, distancia percorrida e calorías queimadas, alén de cuantificar as horas de sono e a calidade deste. Tamén reflexará as chamadas recibidas e outro tipo de notificacións, para que non teñamos que estar tan pendentes dos nosos teléfonos.

Con todo, o que máis chama a atención é a súa capacidade para monitorizar o rendemento sexual, co obxectivo de ver como é noso rendemento e a progresión que facemos. Será de xeito totalmente confidencial e optativo.

Con todo, quedan moitas incógnitas por desvelar: como fará esta cuantificación, que sistema operativo empregará, que prezo vai ter ou a data da dispoñibilidade. Co MWC a pouco máis dunha semana, imaxinamos que pode ser aló onde vexamos as primeiras unidades.

Que vos parece este dispositivo?

Sobre o autor

No Responses

Reply