Orange levará o 4G ás localidades de máis de 10.000 habitantes no 2015, pero Vodafone segue levando a dianteira

antena mobil

Malia que a estas alturas seguimos agardando polas bandas de 800 MHz, as mellores para o despregamento do 4G, as catro operadoras con rede propia continúan co seu esforzo inversor para aumentar as redes de cuarta xeración, traballos aos que tamén se sumou Telecable, que está a principiar a súa rede móbil para alixeirar a dependencia do operador que lle ofrece acceso actualmente.

Tras ter invertidos 1.100 millóns de euros no 4G, e con 400 millóns máis preparados para seguir despregando rede, Orange ten previsto chegar antes de finais de ano cando menos a todas as localidades de máis de 10.000 habitantes, o que supón o 85% da poboación española e 1.300 novos concellos afectados, a nível estatal.

Desde a compañía francesa comentan ademais que na práctica son máis os concellos beneficiados, posto que  a compañía unicamente anuncia a dispoñibilidade do 4G nunha localidade cando teñen o 90% da poboación cuberta.

Con todo, Vodafone segue a levar a dianteira e pechou o 2014 cuns 6000 nodos activos. A cifra é semellante á de Movistar, pero bastante superior á de Orange (uns 4300) ou Yoigo (2700). Segundo os datos da compañía de capital británico, a súa rede 4G actual cubre:

  • O 100% nos concellos de máis de 50.000 habitantes
  • O 95% nos concellos de entre 25.000 – 50.000 habitantes
  • O 50% nos concellos de entre 15.000 e 25.000 habitantes
  • 12 aeroportos
  • 7 estacións de ferrocarril
  • 20 estadios de fútbol
  • As principais estacións de esquí.

Como sempre que falamos destas cousas, agora só queda que os operadores virtuais teñan acceso a estas vantaxes para poder trabalalr en igualdade de condicións.

Sobre o autor

No Responses

Reply