YouTube Kids: o YouTube para pícaras chegará o 23 de febreiro

youtube kids

É un feito que as máis pequenas da casa son nativas dixitais, polo que precisan ter acceso a moitos servizos que até o de agora só empregabamos desde a adolescencia: redes sociais, correo electrónico, … Por iso empresas como Google están a traballar para modificar as súas aplicacións e facelas accesíbeis ás pícaras.

É o caso de Gmail, que en breve terá unha versión infantil, ou YouTube. Precisamente este último servizo terá unha versión infantil desde o luns 23 deste mes: YouTube Kids. Chegará como unha aplicación para Android cunha interface simplificada, iconas grandes e buscas por voz.

YouTube Kids fará especial fincapé nos contidos infantís, como debuxos animados e outros contidos educativos. Ademais, as nais e pais poderán establecer límites de uso (por exemplo, temporais), e a propia ferramenta vetará certas buscas, como as relacionadas co sexo ou a violencia.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply