Orange responde a Movistar asegurando que levan investidos 10 M€ no 4G só na Coruña

orange

Hai unhas horas contámosvos que Movistar viña de anunciar que concluíra o despregamento do 4G na cidade da Coruña, anunciando tamén un investimento de 16 millóns de euros ao longo de todo o 2015 para mellorar a cobertura en toda Galiza.

A resposta de Orange non se fixo esperar, asegurando que eles ofrecen este servizo na cidade herculina desde 2013, e que levan investidos preto de 10 millóns de euros só nesta localidade para a expansión da cobertura 4G. De feito, veñen de rematar o despregamento no paseo marítimo (praias e zona da Torre de Hércules) e noutros puntos estratéxicos da cidade, como o Estadio de Riazor, Coliseum, centros comerciais (Marineda City e Espacio Coruña), parque de Santa Margarita, estación de tren e os polígonos de Agrela e Pocomaco.

Sobre o autor

Reply