Modifica a túa pantalla de debloqueo con Echo Notification Lockscreen

Recentemente comezamos a probar unha aplicación coa que personalizar pantalla de desbloqueo do noso terminal, Echo Notificacion Lockscreen (de agora en diante, ENL). A modificación consiste e poder ler as notificacións das nosas apps sen necesidade de desbloquear o terminal. Por exemplo no caso dos emails poderemos ver a remitente e o asunto do mail e no caso dos Telegram veremos as mensaxes completas, como vos amosamos na seguinte captura.

echo 07

A nível de configuración, ENL deixounos moi satisfeitos. Podemos agrupar as aplicacións por temáticas: prioridade, social, multimedia, … de tal xeito que as notificacións aparecerán agrupadas en base a esta organización. Ademáis podemos mover as aplicacións entre categorías para que se adapten mellor ás nosas preferencias.

echo 03

Tamén queremos destacar, entre outras opcións, que podemos marcar o tempo que vai estar a pantalla acesa logo de recibir ou consultar se temos un aviso. Outro aspecto que podemos configurar é a imaxe que aparecerá no fondo, permitindo acceso a diferentes fontes para elixir a que máis nos guste.

echo 05

echo 04

Outro punto que nos axudou a elixir ENL para o noso día a día foi o seu deseño limpo e sinxelo, sen excesos que non aportan nada. Sen notificacións, só vemos a hora, data, nível de batería e un acceso directo á cámara: para que máis?

echo 06

Se Echo Notification Lockscreen pensades que pode ser unha app útil para vós, podedes atopala na Play Store totalmente de balde.

Sobre o autor

No Responses

Reply