LG Joy, Spirit, Leon e Magna, os catro smartphones que LG presentará no MWC

LG_MWC15_Nuevos terminales Magna, Spirit, Leon y Joy

LG ten todo o peixe vendido antes de que comece o MWC. Tras amosarnos o LG G Watch Urban vén  de dar a coñecer os catro teléfonos que debutaran na feria que se celebra a semana que vén na capital catalana, que teñen como obxectivo cubrir as necesidades das usuarias das gamas de entrada e media.

Falamos do LG Joy, LG Spirit, LG Leon e LG Magna, dispositivos que inauguran denominación e que saen á venda en versións 3G ou 4G, en calquera caso con Android 5.0 – Lollipop como sistema operativo.

O LG Magna vén cunha pantalla de 5 polgadas (1280 x 720 píxeles), procesador de catro núcleos de 1,3 ou de 1,2 GHz (segundo sexa 3G ou 4G), cámaras de 8 e 5 megapíxeles, 8 GB de memoria interna e batería de 2540 mAh.

Pola súa banda, o LG Spirit baixa o tamaño de pantalla ás 4,7 polgadas, aínda que mantendo resolución (1280 x 720p). Comparte co Magna procesador e memorias, aínda que cambia o apartado de cámaras (8 ou 5 Mpx a traseira, 1 Mpx a frontal) e a batería (2100 mAh).

LG_MWC15_Nuevos terminales Magna, Spirit, Leon y Joy_2

Un paso por detrás está o LG Leon, con pantalla de 4,5 polgadas (854 x 480), 1900 mAh de batería e cámara frontal VGA como elementos invariantes e diferenzas no resto de compoñentes segundo versións:

  • Procesador quadcore a 1,2 ou 1,3 GHz.
  • Cámara princiapl de 8 ou 5 Mpx.
  • 8 ou 4 GB de memoria interna.
  • 1 GB ou 512 MB de RAM

Finalmente, o LG Joy é o dispositivo máis modesto de todos. A súa pantalla é de 4 polgadas (800 x 480 píxeles), e vén con procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, cámaras de 5 Mpx e VGA, 4 GB de memoria interna, 512 MB de RAM e batería de 1900 mAh.

Polo de agora non falaron de cando estarán dispoñíbeis, unha información que imaxinamos quedará reservada para o MWC.

Deixa un Comentario