Aquaris M, a nova familia de bq

A empresa española bq ven de presentar hoxe a nova familia de terminais coa que competirán este ano, son os Aquaris M.

aquaris m 01

Polo que nos conta a propia bq, e seguindo o seu costume, teremos un deseño idéntico pero en tamaños diferentes de pantalla: 4,5″, 5″ e 5,5″. Un aspecto no que fan fincapé e no esforzo por reducir ao máximo posíbel os marcos ao redor da pantalla e apostan por unha nova tecnoloxía chamada Quantum Color+ para desfrutar dos nosos vídeos.

aquaris m 03

Temos que destacar que para o máis pequeno, o de 4,5″ elixiron un procesador Mediatek quad-core e 64 bits, mentres que os outros dous montan o Snapdragon 615 de Qualcomm de oito núcleos e terán entre 1 e 2 gigas de ram. Para alimentar ester terminais decidiron que as mellores opcións son baterías entre 2400 e 3000 mAh.

En canto á multimedia, destacamos as cámaras frontais de 5 mpx e as traseiras entre 8 e 13 mpx dependendo do modelo polo que nos decidamos.

aquaris m 02

Ademáis no aspecto da conectividade debemos sinalar que estes tres novos modelos son 4G e coma sempre serán dual-(micro)sim. A versión de android elixida é Lollipop e sairán ao mercado en maio, cun prezo aínda descoñecido.

Sobre o autor

Reply