Energy Sistem presenta novo terminal: Energy Phone Pro HD

energy phone pro hd

Hai aproximadamente un ano Energy Sistem anunciou o seu Energy Phone Pro, un trebello que vén de coñecer ao seu sucesor, o Energy Phone Pro HD, que supón unha actualización das súas características técnicas.

O novo smartphone fai especial fincapé na fotografía, integrando unha cámara principal de 13 megapíxeles e unha frontal de 5. Ambas as dúas teñen flash LED, e a frontal destaca tamén por ter un ángulo de visión de 88 graos, especialmente pensado para as selfies.

A pantalla é un panel IPS HD de 5 polgadas, con protección Dragontrail Glass. No interior temos un procesador de 8 núcleos, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e soporte para dual SIM. A batería é de 2200 mAh e vén con Androdi 4.4 KitKat.

O novo Energy Sistem Phone Pro está dispoñíbel por 179 euros.

Sobre o autor

Reply