Google lanza Android for Work, preparadas para o mundo empresarial

android for work 4

Até hai pouco falarmos de móbiles e seguridade era falar de Blackberry, aínda que empresas como Samsung fixeron un grandísimo traballo neste eido con solucións como Knox. Agora é Google quen fai realidade o que anunciara no pasado Google I/O, unha solución de seguridade pensada para o mundo empresarial. Falamos de Android for Work.

A idea tras Android for Work é manter nun mesmo dispositivo todo o contido persoal co profesional, pero téndoo separado, de tal xeito que non se combinen para unha mellor diversificación e por seguridade. Para levar esto a cabo aliáronse con diversos fabricantes de teléfonos e empresas adicadas á seguridade.

android for work 2

Android for Work baséase en catro partes:

  • Perfís de traballo: estamos a falar de encriptación por defecto e seguridade SELinux, con soporte multiusuario para crear contas separadas (persoal e profesional).
  • Aplicación Android for Work: é a que deberán empregar os trebellos con ICS ou KitKat, xa que non teñen perfís nativos. Permite o acceso a correo, calendario e apps profesionais autorizadas.

android for work 3

  • Google Play for Work: é o entorno no que as compañías poderán subir as súas aplicacións profesionais, para poder distribuílas entre as usuarias que poden empregalas.
  • Ferramentas de produtividade: Google tamén ofrece as aplicacións habituais de produtividade, como xestión de contactos e correo, calendario, documentos e presentacións… as típicas cousas que poden ser de utilidade xeral para todas as usuarias.

A verdade é que a idea parece moi boa, xa que evita termos que andar cargando con dous teléfonos diferentes para manter a intimidade e diversidade das nosas contas. Que vos parece?

Máis info: Google.

Deixa un Comentario