Motorola presenta o novo Moto E, agora con 4G

Motorola vén de presentar a nova versión do Moto E, o dispositivo máis sinxelo do seu portfolio de terminais. Seguirá sendo un terminal axustado en prestacións, orientado ao público menos exixente ou cunhas necesidades menores.

moto e 2015

Das súas especificacións destaca a inclusión dunha pantalla de 4,5 polgadas con resolución 960 x 540 píxeles (245 ppp), procesador SnapDragon 410 de Qualcomm a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, ademais de batería de 2390 mAh. Dispón de cámara principal de 5 megapíxeles e tamén frontal, neste caso VGA. Hai que ter en conta que o primeiro modelo non dispuña de cámara dianteira.

moto e 2015 2

Outro elemento a destacar é que o novo Moto E é compatíbel coas redes 4G, polo que as usuarias poderán disfrutar de maiores velocidades con el. Vén ademais con Android 5.0 Lollipop de serie, coa mesma interface que a estándar Nexus, aínda que con algunha app que outra engadida.

O novo Moto E estará dispoñíbel desde o 28 de febreiro por 129 €.

Deixa un Comentario