SD Maid, unha completa para app para limpar os nosos smartphones

Hoxe queremos compartir con vós unha interesante ferramenta para ter os nosos terminais ben limpos, sen arquivos e cartafoles orfos logo de desinstar apps que xa non usamos, por exemplo. Esta aplicación chámase SD Maid.

A app preséntasenos cun menú moi sinxelo dende o cal podemos facer un escaner e así atopar todo tipo de lixo que non aporta nada, ademáis de liberar unha morea de megas ocupados. Esta cantidade de megas co paso do tempo pode acadar unha cifra que a moitos sorprendería, polo que é preciso facer este tipo de limpezas de cando en cando.

sd maid 01

Para unha análise máis profunda, podemos despregar dende a dereita outro menú moito máis completo e con máis opcións. Pois esta app non é só un limpador se non que funciona a modo de explorador de arquivos co que buscar na memoría do terminal calquera foto, documento,… que teñamos aloxado.

sd maid 03

Ademáis do que vos estamos resumindo, tamén temos unha opción que se chama limpador de aplicacións, coa que logo un breve escaneo sabemos todos os megas que podemos liberar das nosas apps. Tamén queremos destacar outra opción coa que podemos buscar se temos ou non arquivos duplicados para borralos se é o consideremos preciso.

sd maid 04

sd maid 05

O malo é que estamos diante dunha app coa que accedemos aos servizos básicos de balde, pero temos capadas algunhas opcións e para acceder a elas temos que mercar a app completa.

En resumo, pensamos que SD Maid é unha aplicación a ter en conta pois agrupa o traballo de dúas apps: actúa como limpador e é un eficiente xestor de arquivos polo que pode servos de axuda no caso de que estiveses buscando este tipo de aplicacións.

Podedes descargar a app de balde nesta ligazón á Play Store, e por 2,42€ a versión pro aquí.

Deixa un Comentario