Disa, unha app para xestionar as nosas conversas

Sen dúbida é unha das aplicacións máis interesantes que temos probado. Gústavos a idea de ter unha única aplicación que actúe como centro de unificado de mensaxería? Isto é precisamente Disa, unha app en fase beta que xurde pola necesidade das usuarias de ter unha soa aplicación para o Messenger de Facebook, o Whatsapp, os SMS/MMS,…

Disa funciona dun xeito moi sinxelo, só temos que seguir á seguinte ruta: axustes – servizos – engadir servizo. O xeito de engadir un servizo de mensaxería é mediante plugins que podemos atopar na comunidade de Google+ desenvoltas por terceiros, ou polos propios desenvolvedores de Disa.

disa 01

Outro co que desfrutamos foi can vimos que xa contaba con Materíal Design, a aposta de deseño de Google coa chegada de Lolipop.

Polo de agora, Disa é un proxecto en pleno desenvolvemento que promete unha revolución no xeito de organizar as nosas conversas. Nesta ligazón podemos descargar de balde a aplicación deste proxecto chamado Disa do que estaremos pendentes nos próximos meses.

Sobre o autor

Reply