Google lanzaría Android Pay no I/O 2015

android pay

A pesarmos de que estes días o MWC está a acaparar toda a nosa atención, non queda moito para o Google I/O 2015, o evento de desenvolvedoras de Android que celebra Google cada ano en San Francisco. Nesa cita sempre se descubren novidades que teñen a ver cos produtos da compañía do buscador e de Android, polo que é normal que comecen a chegar os primeiros rumores.

Segundo parece, Google podería presentar Android Pay, un servizo de pagamentos co móbil que saca uso ao NFC e que viría a sustituír o actual Google Wallet. Este rumor está fundamentado nunha compra que Google fixo hai uns días, a da empresa Softcard, vencellada aos pagamentos móbiles.

Android Pay sería unha plataforma aberta, e as desenvolvedoras terían acceso ás API para poder implementar as funcións “tocar e pagar” nas súas aplicacións, o que tería moito interese en actividades e pagos cotiás.

Será o impulso que os pagamentos NFC precisan?

Vía

Sobre o autor

Reply