LG amosa unha versión alternativa do LG Watch Urbane con LTE e sen Android Wear

lg watch urban lte

Hai uns días LG amosou un novo reloxo intelixente, o LG Watch Urbane, como unha evolución do LG G Watch R. Apenas uns días despois vén de dar a coñecer unha nova versión deste último con conectividade LTE e a posibilidade de facer chamadas, aínda que con webOS en vez de Android Wear.

As súas especificacións podémolas resumir na seguinte listaxe:

  • Procesador Qualcomm Snapdragon 400 a 1,2GHz
  • Pantalla P-OLED de 1,3 polgadas (320 x 320 píxeles, 245ppi)
  • 1GB de memoria RAM
  • 4GB de memoria interna
  • Sensor de 9 eixos, xiroscopio, aceleración, brúxula, barómetro, frecuencia cardíaca e GPS.
  • Conectividade WiFi, Bluetooth 4.0, LTE, NFC.
  • Batería de 700 mAh.

Como se pode ver, o cambio máis importante vén na RAM e na batería, que medran sensibelmente desde a versión Android Wear, xa que o uso das redes móbiles multiplica o consumo e necesidades. Tamén hai cambios físicos, aparecendo un total de 3 botóns físicos no canto de un.

Que vos parece este modelo? Vedes necesario ter teléfono completo no reloxo ou preferides que sexa un accesorio do smartphone?

Deixa un Comentario