Meizu anuncia o MX4 Ubuntu Edition

meizu mx4 ubuntu edition

Hai unha semanas bq anunciou o seu primeiro smartphone con Ubuntu, que malia ser un produto moi agardado desde habia tempo, decepcionou un pouco ao vir cunhas especificacións técnicas un tanto xustas. As boas novas proviñan de informacións que apuntaban a que a chinesa Meizu presentaría o seu dispositivo Ubuntu no MWC, algo que se vén de confirmar hai uns minutos.

Trátase do Meizu MX4 Ubuntu Edition, un teléfono que comparte hardware co Meizu Mx4 orixinal pero que leva Ubuntu no canto de Android. A continuación lembrámosvos as súas especificacións máis relevantes:

  • Pantalla IPS de 5,3 polgadas (1920 x 1152 píxeles)
  • Procesador MediaTek MT6595 de 8 núcleos (4 a 2,2 GHz, 4 a 1,7 GHz)
  • 2 GB de memoria RAM
  • 16 GB de memoria interna (ampliábeis)
  • Cámaras de 20,7 e 2 megapíxeles

Será durante a súa presenza no MWC cando Meizu amose ao público este novo teléfono con Ubuntu, e seguramente tamén algún que outro novo produto relacionado con Android, polo que teremos que seguir moi atentas ás novidades do fabricante na feira.

Así mesmo, cómpre lembrar que se falaba de que os trebellos Ubuntu de Meizu poderían ter dual boot Android – Ubuntu, unha incógnita que se resolverá nos próximos días. Que preferides vós?

Deixa un Comentario