Google desvela detalles da súa nova sede en Mountain View

Google está de reformas. A compañía vén de publicar un vídeo e diversos renders das que serán as súas oficinas centrais en Mountain View, un deseño futurista no que o cristal é o grande protagonista.

A idea é fuxir de edificios de formigón fixos creando estruturas semellantes a bloques que poden ser movidos con facilidade para cambiar o tamaño dos espazos de traballo. As cubertas, translúcidas, cubrirán os espazos e controlarán a luz e a temperatura, mentres que os carrís bici e os xardíns con árbores serán fundamentais para crear un espazo no que apenas se diferencien os edificios da natureza. As novas oficinas serán tamén un espazo deseñado para aforrar ao máximo enerxía, e se integrarán coa cidade mediante o establecemento de vencellos comerciais dentro da propia Google.

A continuación podedes ver varias imaxes. A pinta parece boa, non credes?

Charleston-South_Exterior_NW-Plaza Charleston-South_Exterior_Softgrid Charleston-South_Interior_Cycle Track GCCP_OVERALL_view02 4k Huff_Exterior_West Entry LANDINGS_EX_SQUINT LANDINGS_INT_MIR SHORELINE_MIR

Deixa un Comentario