LG anuncia a chegada do Flex 2 ao Estado español, en exclusiva con Orange

lg g flex 2

LG vén de anunciar o lanzamento no Estado español do novo LG G Flex 2, un dos trebellos máis agardados desta primeira metade do ano e unha peza incónica polo seu deseño curvo e flexíbel. A exclusiva da súa comercialización teráa a operadora Orange, que o ofrece a diferentes prezos segundo a opción de pagamento elixido.

Así, por exemplo, coas tarifas Canguro Sin Límite, Delfín e Ballena pódese adquirir sen facer un pagamento inicial por 20 €/mes, pero quen prefira pagalo de vez terá que aboar 679 €.

O LG G Flex 2 caracterízase por ter unha pantalla FullHD 1080p P-OLED curva de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 64 bits e 8 núcleos (catro a 1,5 GHz, catro a 2 GHz), 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB, cámaras de 13 e 2,1 Mpx (a principal con OIS+ e laser autofocus), batería de 3000 mAh con carga rápida (50% en 40 minutos), LTE Cat 6 e Android 5.0 Lollipop.

A exclusividade de Orange é unicamente de operador; estará dispoñíbel tamén no mercado libre por 679 € desde o mesmo 3 de marzo.

Sobre o autor

Reply