Mallando no Android no Mobile World Congress 2015

mallando no android mwc

Xa temos as maletas feitas. Mallando no Android desprázase un ano máis a Barcelona para facer seguimento dunha nova edición do Mobile World Congress (MWC). Trátase da maior feira do sector da telefonía móbil e as telecomunicacións, e xunto ao CES de Las Vegas e o IFA de Berlín conforma o triángulo anual de grandes eventos tecnolóxicos.

Oficialmente a feira comeza o luns 2 de marzo e remata o xoves 5 de marzo, aínda que desde o domingo teremos novidades, xa que ese día están programadas tres grandes presentacións: HTC, Huawei e Samsung. O resto dos días non serán menos importantes, pois haberá keynotes de persoeiros como Sundar Pichai (Android) ou Mark Zuckerberg (Facebook) e poderemos ir vendo nos diferentes stands novos trebellos dun senfín de marcas: ZTE, LG, as novas marcas chinesas, Ubuntu Phone, wearables…

Empregaremos, ademais do blog, Twitter como ferramenta fundamental para contar en directo e axilmente as nosas primeiras impresións (@mallandroid e @iagovarela), cuxo historial de comentarios sobre a feira quedarán rexistrados neste microsite especial que temos habilitado.

Xa sabes, se non queres perderte nada do Mobile World Congress non tes máis que sintonizar a cobertura especial de Mallando no Android, que será, como sempre, en galego 🙂 Se ademais queres botarnos unha man para seguir levando a cabo coberturas informativas coma esta, podes facernos unha doazón na columna lateral esquerda.

Deixa un Comentario