Pornhub anuncia a WankBand, o wearable para recargar os teus gadgets

Como xa temos que falado moitas veces, o maior problema dos nosos gadgets é a duración da batería, polo que sempre temos que andar pendentes de termos unha fonte de alimentación a man ou, no seu defecto, un powerbank.

Conscientes desta problemática, en Pornhub puxéronse mans á obra e pensaron que podían facer ao respecto. A solución? Wankband. Trátase do primeiro wearable que, a diferenza doutras smartbands das que temos falado no blog, non amosa notificacións ou cuantifica a nosa vida, senón que serve para xerar enerxía para recargar os nosos gadgets.

O funcionamento é moi sinxelo, e cremos que obvio. Ao tempo que facemos un movemento satisfactorio coa nosa man, unha pequena válvula envía un pequeno peso arriba – abaixo xerando enerxía cinética que se almacena nunha batería; conectando logo a pulseira ao noso trebello favorito obteremos unha dose de carga extra que nos pode sacar de máis dun apuro.

pornhub wankband

O deseño da Wankband é bastante minimalista, aínda que dispón dunha pantalla na que só podemos ver o nível de batería recargada. <brincadeira> Na nosa opinión debera contar tamén con funcións extra de gamificación que permitisen compartir nas redes sociais os nosos logros </brincadeira>.

A Wankband atópase en fase de desenvolvemento, e xa andan na procura de betatesters. Non sabemos que prezo terá finalmente, pero imaxinamos que, para máxima satisfacción dos potenciais usuarios, será relativamente económica.

Sobre o autor

No Responses

Reply