Mininovas Android: a malla da semana

Blogger anunciou que non daría máis soporte aos blogs para adultos, liouse parda e recuaron

blogger porn

Si amigas, esta semana, Google anuncio as novas condicións de uso para o ser servizo de blogs, entre as que destaca a prohibición dos contidos para adultos, que serían rexeitados desde o 23 de marzo, agás aqueles que puideran xustificar unha fin educativa.

Coas novas normas, os blogs xa existentes, de non eliminar eses contidos, pasarían a ser privados, e os que se crearan tras esa data serían eliminaríanse por incumprimento das condicións de servizo.

Porén, tras as críticas recibidas por esta cuestión Google decidiu eliminar esta cláusula, aínda que terá máis control.

Telegram incrementa a seguridade da súa app

telegram

Lembrádesvos de Telegram? Estes días coñecemos unha nova opción de seguridade que estará incluida na seguinte actualización. Esta ofrece a posibilidade de bloquear a nosa conta de Telegram cun pin, de xeito que evitaremos que alguén poida usmear nas nosas conversas sen o noso coñecemento.

Google incluirá apps patrocinadas nas nosas buscas

google play store

No mundo da tecnoloxía vemos cada día unha nova forma de financiarse. Desta volta Google decidiu que unha boa forma é pagarlles por aparecer nunha busca na Play Store. En certo modo, é unha forma de publicidade pouco intrusiva e tampouco será enganosa, pois cando realicemos unha busca na tenda, estas app patrocinadas avisarán de que o son.

LINE ten una tenda de productos en Xapón

Lembrades LINE, esa app que chegou para arrasar con Whatsapp? Pois co tempo no noso país non se consolidou, pero no Xapón si o fixo e é unha das apps máis usadas. Ten tanto tirón que mesmo podemos atopar unha tenda na que venden todo tipo de productos, desde una cunca para o almorzo até mesmo xoias. No seguinte vídeo podedes coñecer a tenda:

Sobre o autor

Reply