HTC presenta o novo HTC One (M9)

htc one m9

A taiwanesa HTC é unha das empresas que decidiu preinaugurar o Mobile World Congress 2015 co lanzamento do seu flagship, o novo HTC One (M9). Aínda que durante os últimos meses diferentes renders apuntaban a un importante cambio de deseño, o certo é que o resultado final non sorprnde especialmente por ser innovador fronte aos seus predecesores na saga One.

htc one m9 - enteiro

As súas especificacións son de primeira, comezando pola súa pantalla, de 5 polgadas con resolución 1080p. No seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 810, de oito núcleos (4 a 2 GHz e 4 a 1,5 Ghz), que vén acompañado de 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB., e batería de 2840 mAh.

htc one m9 - negro

A cámara principal é de 20 megapíxeles, mentres que a tecnoloxía ultrapíxel, outrora empregada na cámara traseira, pasa a ser a gran protagonista da cámara frontal. En canto a software, sae á venda con Android 5.0 e a capa de interface Sense 7.

Polo de agora non se confirmou o seu prezo, pero rondará os 700 euros.

No Responses

Deixa un Comentario