Huawei anuncia o Huawei Watch xunto outros dous novos wearables

evento huawei

Tras a filtración do vídeo promocional onte á tarde, a ninguén colleu por sorpresa hoxe o anuncio do Huawei Watch, o primeiro reloxo intelixente que lanza este fabricante chinés. E é que Huawei quixo sumarse ao crecente número de compañías que apostan por este complemento que vitamina os nosos smartphones.

huawei watch presentacion

O Huawei Watch destaca polo seu deseño, moi coidado e elegante para combinar con calquera estilo, formal ou informal, ademais de estar dispoñíbel en tres acabados diferentes. En canto a hardware elixido para o trebello, os chineses non fixeron un gran esforzo por se diferenciar dos demais, e as súas especificacións son semellantes ao resto de opcións que xa hai no mercado. Estará dispoñíbel a mediados de ano, aínda que o seu prezo non foi desvelado.

talkband b2

Pero este non foi o único trebello que a compañía chinesa presentou esta tarde nun evento focalizado nos wearables no seo do MWC, pois tamén deron a coñecer a segunda versión da Talkband, a Talkband B2 e a Talkband N1. A primeira é unha evolución da versión presentada no anterior MWC, mentres que a a N1 está pensada para cuantificar a nosa actividade deportiva ao tempo que serve de reprodutor musical, pois ten 4 GB de memoria.

Ambas Talkband estarán á venda en marzo, por 119 € (N1) e 199 € (B2). Nos próximos días poderemos botarlles un ollo máis de preto.

Sobre o autor

No Responses

Reply