Do HTC One (M7) ao HTC One (M9): esta é a súa evolución


htc one m9

No 2013 nacía a familia HTC One co M7, o primeiro dunha serie de terminais que destacarían polo seu hardware, un coidado deseño e a presenza do aluminio como principal material escollido para a súa construción.

Esta semana, no marco do Mobile World Congress, coñecemos a última incorporación da familia, o HTC ONE (M9) que se mantén na mesma liña que comezou a empresa no 2013. Como podedes ver na seguinte táboa, HTC é pouco ambiciosa en canto a novidades ou innovación, polo que sen negar a calidade dos seus produtos (e pensando que as cifras de vendas tampouco acompañan), cremos que deberían ter dado un xiro e presentar un produto totalmente renovado.

HTC ONE HTC ONE (M8) HTC ONE (M9)
Pantalla 4.7″ 5″ 5″
Resolución / ppi 1080×1920 / 469 1080×1920 / 441 1080×1920 / 441
Procesador 1.7 GHz (quad-core) 2.3 GHz (quad-core) Snapdragon 810:
4 núcleos a 2 GHz e 4 núcleos a 1.4 GHz
RAM 2 GB 2 GB 3 GB
Memoria 32/64 gigas 16/32 gigas  32 gigas
Cámaras 4 (ultra pixel)/ 2.1 Mpx 4 (dual) / 5 Mpx 20 / 5 Mpx
Batería 2300 mAh 2600 mAh 2840 mAh
Cores Jelly Bean KitKat Lollipop

E vós, que pensades de HTC: se tedes que mudar de terminal elixiriades este produto?

About The Author

Reply