Así evolucionou a familia Samsung Galaxy S, desde o orixinal ao S6

samsung galaxy s6 edge - 1

Onte asistimos á presentación do Galaxy S6, a principal aposta de Samsung para o ano 2015. Como xa vos comentamos onte, o certo é que o fabricante coreano deu un golpe na mesa e sorprendeunos a todos coa inclusión dun procesador de fabricación propia e a presenza de aluminio, deixando ao lado o plástico. Ademáis do Galaxy S6 presentou o Galaxy S6 Edge, que se diferenza principalmente na pantalla, que acaba en curva nos laterais.

Ao carón desta presentación, pensamos que é momento para facer unha comparativa entre o que foi o primeiro Galaxy S, presentado no 2010, e os 3 membros máis recentes da familia.

Galaxy SGalaxy S4Galaxy S5Galaxy S6
Pantalla4″5″5.1″ 5.1″
Resolución / ppi480×800 / 2331080×1920 / 4411080×1920 / 4321920 x 2560 / 577 ppi
Procesador1 GHz (single core)1.9 GHz (quadcore)2.5 GHz (quadcore)Exynos 720 a 2.1 GHz (octacore)
RAM512 megas2 GB2 GB3 GB
Memoria8/16 GB16/32/64 GB16/32 GB32/64/128 GB
Cámaras5 / 0.3 Mpx13 / 2 Mpx16 / 2 Mpx16 / 2 Mpx
Batería1500 mAh2600 mAh2800 mAh2550 mAh
Versión AndroidEclairJelly BeanKitKatLolipop

Nestes 5 anos a evolución é notábel, así como a mellora de sensacións que conseguimos cando usamos un terminal recente. Xa non son noticia as cousas que podemos facer cun terminal, como pasaba no ano 2010, agora queremos ter a mellor experiencia de uso posíbel.

Que vos pareceu o novo Galaxy S6? Pensades que pode ser o voso novo móbil?

Deixa un Comentario