HTC Grip, o primeiro wearable de HTC

visualBox-image-29

Ademais de dar a coñecer o seu novo terminal de referencia, HTC non quixo deixar pasar a súa visita ao MWC para presentar o primeiro wearable da compañía, o HTC Grip.

Trátase dunha smartband, unha pulseira cuantificadora da actividade física que dispón, iso si, dunha pantalla PMOLED de 1,8 polgadas con resolución 32 x 160 píxeles. No interior temos un procesador ST Micro STM32L151, unha ampla gama de sensores, como GPS ou Bluetooth, e batería de 100 mAh que achega aproximadamente 2,5 días de uso.

visualBox-image-28

En canto a software, HTC elixiu dotalo de RTOS (Real Time Operating System), un sistema propietario de HTC que din optimiza a autonomía. Con el podemos levar a cabo a cuantificación da nosa actividade diaria e tamén das horas de sono, ademais de establecer alarmas e outras funcionalidades como a recepción de notificacións.

O HTC Grip estará dispoñíbel en verde azulado, lima, negro, azul e gris, así como tamén en diversas tallas (S, M, L), sendo un complemento perfecto para o recén estreado HTC One (M9). Chegará aos EEUU ao longo da primavera.

Deixa un Comentario