Mediatek presenta o seu SoC máis potente até o de agora

mediatek mwc15

No marco do #MWC15, MediaTek ben de anunciar o seu primeiro SoC para tablets, un quad-core MT8173 que foi diseñado ademáis de para conseguir un boa resposta do dispositivo, para alongar a vida da batería. Ademáis este novo procesador, non terá problemas á hora de mover video a 4K e os xogos máis potentes do momento.

Dos aspectos máis técnico queremos destacar que estamos diante dun procesador de 64 bits que ten a particularidade de montar varias CPUs: dúas Cortex A72 e dúas Cortex A53 cunha velocidade máxima de 2.4 GHz. Deixámosvos cun vídeo que fixeron as rapazas de Mediatek que axuda a entender mellor esta nova tecnoloxía.

Pensamos que este concepto de empregar a potencia xusta en cada momento e dependendo da tarefa que estemos realizando é o camiño a seguir pois non sempre atopamos baterías á alturas dos equipos que mercamos.

Segundo Mediatek, este novo procesador aparecerá nas tabletas que se comercialicen dende a metade do ano. Pola nosa parte agardaremos a nosa oportunidade de probar algunha destas tabletas e ofrecervos unha análise máis polo miúdo.

Deixa un Comentario