Vodafone anuncia acordo con Dropbox para ofrecer 25 GB durante un ano ás súas clientas

vodafone

Vodafone e Dropbox anunciaron onte no MWC Backup+, un servizo de back up exclusivo para as clientas da operadora británica, polo cal poderán disfrutar de 25 GB de espazo extra na nube durante un ano.

Porén, non se trata unicamente de espazo na nube, senón dunha completa ferramenta de back up que permitirá ás usuarias almacenar de xeito automático contactos, vídeos, música, fotos e outro tipo de arquivos, que poderán ser recuperados desde calquera dispositivo de xeito sinxelo e seguro.

As clientas de Vodafone que xa dispoñan dunha conta de Dropbox non terán máis que acceder a ela desde Backup+, e os novos poderán crear unha conta no momento para disfrutar dos 25 GB de espazo.

Que vos parecen este tipo de acordos?

No Responses

Deixa un Comentario