Huawei anuncia o MediPad X2 no seo do MWC

image006

Como lembraredes, a keynote de Huawei no MWC estivo centrada nos wearables, aínda que a compañía chinesa tamén aproveitou a súa presenza na feira para dar a coñecer unha nova tablet, a Huawei MediaPad X2, que destaca sobre todo polo seu escaso grosor, apenas 7,28 mm.

Incorpora unha pantalla HD de 7 polgadas (1200 x 1920, 323 ppi)), e no seu interior integra un procesador de 8 núcleos e 64 bits (Kirin 930), 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, 5000 mAh de batería e capacidades dualSIM 4G cat6.

A cámara principal é de 13 megapíxeles, con altas capacidades para sacar fotos en condicións de mala luminosidade, mentres que a frontal fica nos 5 megapíxeles, cun amplo obxectivo de 22 mm. Haberá tamén unha verisón premium con 3 GB de RAM e 32 GB de ROM.

Ambos os dous modelos estarán dispoñíbeis proximamente, nunha data e cun prezo aínda por determinar.

Sobre o autor

Reply